Desde a Asociación Si, hai saída condenamos, como non pode ser menos, o crime machista acontecido en A Coruña e trasladamos as nosas condolencias e todo o noso agarimo aos seres queridos da vítima, e de xeito moi especial aos seus cinco fillos.
Facemos extensiva, ademais, a nosa condena a unha nova brutal agresión machista da que tivemos noticia cando nos dispoñíamos a emitir este comunicado, esta vez en Vigo, onde unha muller foi acoitelada pola súa ex parella.
Afortunadamente, nesta ocasión a muller non perdeu a vida, e atópase estable, dentro da gravidade, no hospital Álvaro Cunqueiro.
Así mesmo, e con mais rotundidade aínda se cabe, condenamos e denunciamos a mais que evidente desprotección que están a sufrir as vítimas de violencia de xénero incluídas no sistema VioGén, cuxa eficacia segue a ser mais que cuestionable, e a que hai que engadir, como se isto non fora grave abondo, a falta de atención, de prevención e, reiteramos, de desprotección por parte daqueles que tendo a obriga de prestarllas, faltan a ela de xeito mais que patente e reiterada, por mais vidas que a súa falta de profesionalidade, de humanidade e da empatía mais elementais estea a custar., demostrando, non soamente que esa formación da que tanto se gaban os nosos políticos de nada serve se falta o mais básico para levar a cabo esta obriga: VOCACIÓN E CORAZÓN, e que estes non hai méritos policiais, nin títulos que os garanten.
Boa mostra disto foron as manifestacións, desprezables manifestacións, do Subdelegado do Goberno de Pontevedra, Abel Losada, en relación co crime machista de Campo Lameiro, nas que, ademais de culpar directamente a vítima do seu tráxico final, alegaba que non se pode axudar a quen non se deixa, aludindo ao feito de que, malia a orde de afastamento e que o VioGén arroxara un risco alto para ela, a parella estivera convivindo, ignorando, polo visto, que isto pode suceder por moitas causas, desde que estivese ameazada, da dependencia emocional por parte da muller do agresor, algo moi común nas mulleres que sufren violencia machista, ata a falta de recursos materiais para poder subsistir, e que o que procede e proporcionarlles a axuda precisa para superar eses obstáculos, tanto materiais como emocionais, e non abandonalas a súa sorte.
Ante isto, pouco ou nada se pode dicir.
Pola súa banda, a alcaldesa de A Coruña dicía hoxe, por enésima vez “O machismo mata”. Por suposto que si, que mata, pero se este machismo está dentro das propias institucións, a cousa aínda se torna mais grave, e, se a él lle engadimos a desprotección e a falta de prevención por parte daqueles que teñen a obriga de prestalas, e a impunidade da que gozan malia non cumprir co seu deber, esta masacre seguirá medrando cada día mais.
Asociación Si, hai saída