Desde a Asociación Si, hai saída contra a violencia de xénero denunciamos os cortes de subministracións de electricidade e gas que, malia a prohibición expresa do goberno, está a levar a cabo a comercializadora “Naturgy gas & power” aos colectivos mais vulnerables, chegando a anular contratos e a retirar contadores sen previo aviso, ignorando mesmo os informes de vulnerabilidade dos Servizos Sociais do Concello, que acreditan esta condición dos usuarios afectados.
Non é preciso, cremos, aclarar a extrema gravidade destes feitos, xa non soamente polas consecuencias mais obvias para os afectados, se non, e isto é o peor de todo, polas gravísimas es irreparable repercusións que estes cortes supoñen para a súa saúde, en moitos casos xa moi minguada pola súa precaria condición, que van desde problemas respiratorios ata alerxias producidas polo frío, e que poden levar, e, de feito, por desgraza, xa ten sucedido, a un fatal desenlace, máxime a partir destas datas nas que comeza o frío.
Así as cousas, desde Si, hai saída esiximos que, desde o noso goberno, ao cal tamén nos temos dirixido, se actúe coa máxima rigorosidade ante estes abusos inhumanos e pregamos aos afectados, así como a súa contorna, de coñecer algún caso, que non deixen de denuncialos.
Por mais que poida soar unha expresión moi manida, soamente a unión fai a forza, e, en consecuencia, frear os atropelos daqueles que maltratan sen piedade aos mais débiles.
Facelo pode supoñer salvar mais dunha vida, e non esquezamos que calquera, por moi improbable que poida parecer, se pode atopar nun momento dado, nunha situación semellante, e que non se pode tolerar que maltratadores como Naturgy gocen de total impunidade.
Si, hai saída