A Asociacion Si,hai saída solicita o cese inmediato da Ministra de Igualdade, Ana Redondo, tras coñecerse o fallo dos dispositivos electrónicos de protección a vítimas de violencia de xénero

Desde a Asociación Si, hai saída, tras coñecerse, por mor da denuncia da Fiscalía Xeral do Estado, o fallo nos dispositivos electrónicos que deixaron desprotexidas a numerosas vítimas de violencia de xénero, co gravísimo perigo que isto supón para elas, sollcitan o cese inmediato da Ministra de Igualdade, Ana Redondo.

Tras coñecerse estes gravísimos, feitos, a ministra limitouse a minimizalos, calificándoos de “feito puntual” e tendo, aínda por riba, a desfachatez de enviar unha carta ao CGPJ alegando que se creara unha “alarma inxustificada” e afirmando que era a primeira vez que sucedía algo así e que as vítimas non estiveron desprotexidas en ningún momento.

Desde Si, hai saída afirmamos con total rotundidade que é totalmente falso que isto non sucedera nunca, xa que os fallos nos dispositivos é algo que ven de lonxe, e, así mesmo, recordámoslle, tanto a Ministra como a sociedade en xeral, o seguintes puntos igualmente importantes.

– En violencia de xénero, cada segundo conta e pode supoñer, e, de feito, supón, a diferencia entre salvar ou non unha vida, polo que a coordinación entre os diferentes actores responsables da súa protección, así como a rapidez na resposta, é fundamental.

– Tan grave como o fallo nos dispositivos é o escurantismo que rodeou todo o referente a estes,gravísimos feitos non sendo comunicados as vítimas, impedíndolles, porén, tomar ningún tipo de medida para tentar protexerse do mellor xeito posible.

– Tampouco desde o eido das FCSE se tomou, que se saiba, ningunha medida adicional para tentar protexer as vítimas, como xa ven sendo habitual, as que se expuxo a un risco aínda maior do que xa corrían, sen que elas tiveran coñecemento de algo tan grave, o que nos leva ao seguinte e importantísimo punto.

– Todo o acontecido implica unha grave e clarísima vulneración do Estatuto da Vítima, que recolle con toda claridade, o seu dereito a estar informadas en todo momento da evolución do seu procedemento.

– Este fallo nos dispositivos implicou, ademais, o sobreseimento dalgunha das causas pendentes, e mesmo impediu algunha condena, polo que non é difícil, ou non debería selo, entender o terror que estaráń a vivir moitas mulleres afectadas, e a sensación de impunidade case total dos seus agresores, que os predispón a delinquir de novo ata conseguir o seu obxectivo, que todos sabemos cal é, e ao que non se lle da mais
solución que os fariséicos e inútiles minutos de silencio.

– Unha vez mais, asistimos, con indignación e impotencia, ao lamentable espectáculo da nefasta, por non dicir totalmente inútil xestión do Ministerio de Igualdade, que, independentemente de quen o dirixa, semella ter como única finalidade malgastar miles e miles de euros que nunca, e repetimos, nunca, van destinados a mellorar as medidas de prevención e atención as vítimas, pero si a eventos e diferentes
“saraos”protagonizados polo propio Ministerio, obviamente, e polos seus “chiringuitos afíns” amosando un total e abominable desprezo polas necesidades reais das vítimas, ademais de evidenciar, algo isto cotián, o seu descoñemento nesta materia, e o desinterés totalmente descarado e carente de escrúpulos por solventalo.

– Solicitamos, ademais, unha explicación, sobre o papel, entendemos que fundamental, das FCSE, neste asunto, e aproveitamos para recordar que, en moitas ocasións nas que os dispositivos funcionan correctamente e o Centro Cometa transmite a alerta da
proximidade do agresor, o cal debería traducirse na presenza inmediata dunha patrulla, esta nunca chega a producirse.

– Para rematar, pregamos aos diferentes partidos políticos, sexan da cor que sexan, que se absteñan de empregar estes gravísimos feitos, a violencia de xénero, e, por suposto, as vítimas, como ferramenta política, como están a facer unha vez mais.

Estamos a falar de vidas humanas.

Asociación Si, hai saída

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com