A Asociación socio-educativa Antonio Gandoy en colaboración co distrito forestal IX Lugo-Sarria da Consellería de Medio Rural, organiza mañá martes 28 de outubro a partir das 17:00h e ata as 19:00h unha actividade para as familias participantes nos “Espazos das Familias” que esta entidade leva a cabo nos concellos de Lugo, Baralla, Becerreá, Castroverde, O Corgo, Friol, Láncara e Sarria.
A actividade consistirá nun roteiro
polos lagos de Teixeiro ( Lugo) de dificultade baixa ( 1 km) e unha exhibición para os mais pequenos con motobomba e brigadas forestais.
Esta actividade enmarcase dentro de un dos obxectivos básicos de desenvolvemento da acción educativa: coñecer e poñer en valor a contorna natural, fomentando o respecto e conservación dos nosos montes.
Post Views: 0