A Audiencia de Lugo absolve a dous acusados de estafar a un octoxenario co que convivían

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo absolve a dous acusados dos delitos de apropiación indebida e estafa. A Sala conclúe que non hai probas de que enganasen a un octoxenario, xa falecido, para que lles entregase cartos, nin que se apropiasen deles de maneira ilícita.

A proba testemuñal presentada foi considerada insuficiente e de carácter indirecto, xa que se baseaba en declaracións de testemuñas que non presenciaran directamente os feitos. Ademais, na sentenza destácase que o falecido mantiña unha capacidade de xestión do seu patrimonio e que non existía constancia de reclamacións previas ao ano 2019 sobre o diñeiro supostamente apropiado.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com