A Audiencia de Lugo absolve a un acusado de agresión sexual

A Audiencia Provincial de Lugo absolve, por falta de probas, a un acusado de agredir sexualmente a dúas menores. Na sentenza, indica que, neste caso, “ha de partirse do feito certo, por recoñecemento de todas as partes, de que o procesado mantivo unha relación con ambas as menores, nun período máis afastado cunha delas e, inmediatamente anterior aos feitos, coa outra”.

A Sala sinala que non pode apreciarse o delito, consistente en diversos tocamentos nos peitos, por encima da roupa, respecto a unha das menores. E, en canto ao testemuño da outra denunciante, non aprecia “que falte á verdade na narración do que refire”, pero conclúe que a súa versión, “a falta de corroboracións periféricas”, se advirte “insuficiente para alcanzar un pronunciamento condenatorio”.

A Sala salienta no fallo que, “mentres a condena presupón a certeza da culpabilidade, a absolución non presupón a certeza da inocencia”. Así, destaca que a absolución “non se deriva da proba da inocencia, senón da frustrada proba da culpabilidade, máis aló de toda dúbida razoable”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com