A Audiencia de Lugo absolve un home acusado de agredir sexualmente a un menor

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo absolve a un home acusado de agredir sexualmente a un menor de dezaseis anos, ao que coñeceu nunha aplicación de citas.

O investigado e o denunciante mantiveron varios encontros de carácter sexual tras manter conversas a través do móbil, logo de coñecérense nunha aplicación de citas na que o menor facía constar no seu perfil que tiña 18 anos, segundo recolle a sentenza. O tribunal indica que “non pode concluír que o acusado coñecese a idade exacta do menor nin que puidese albergar dúbidas sobre a mesma”. E, en calquera caso, explican que non hai indicios de que “este puidese supoñer que o neno non cumpría coa idade límite do tipo penal, isto é, dezaseis anos”. Por ese motivo, procede á absolución do acusado.
A sentenza non é firme, xa que é recorrible ante o TSXG.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com