A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condena a dous anos de cárcere a dous acusados de cometer un delito contra a saúde pública na modalidade de substancias que causan grave dano á saúde. O tribunal absolve, por falta de probas, a un terceiro sospeitoso.
A sala indica na sentenza que a Policía, tras ter coñecemento dunha denuncia por unha suposta agresión motivada por unha débeda de drogas, comezou a realizar labores de vixilancia no domicilio onde vivía un dos investigados. Os axentes foron testemuñas de varios intercambios de cocaína entre os condenados e os seus clientes, polo que, posteriormente, se levou a cabo un rexistro do inmoble, no que atoparon numerosos envoltorios de droga, así como miles de euros en efectivo e unha báscula, entre outras posesións.
O tribunal declara probado que “os dous acusados posuían a cocaína intervida para a súa distribución a terceiros a cambio dun precio”. Ademáis, considera acreditado que “o citado domicilio era o lugar onde se almacenaba a droga”. No caso do tercer investigado, a Audiencia absólveo porque os axentes declaran que “só o viron nunha ocasión accedendo ao inmoble” e non se acreditou ningunha operación de venda efectuada por el. A sentenza é recorrible ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.