A exposición Os Maragatos da porta de san Pedro poderase ver na Biblioteca Pública Municipal de Viveiro

A Biblioteca Pública Municipal de Viveiro acollerá a partir do 6 de xuño a exposición Os maragatos da porta de san Pedro, que organizan o Colectivo Egeria e a Fundación Pérez-Carro, e que estivo aberta anteriormente en diversas cidades e vilas de toda Galicia.

A Mostra está composta por doce paneis en galego e castelán, e recolle un resumo da historia da familia Pérez-Carro, asentada en Lugo desde 1880, e o seu importante papel comercial e social na cidade no decurso destes 145 anos. Os contidos da exposición están recollidos no catálogo que se entregará de balde aos visitantes. Os Maragatos da porta de San Pedro Cara a 1880, a primeira xeración dos Maragatos da Porta de San Pedro (Lugo), o matrimonio formado por Tomás Pérez Carro e Vicenta García Carro, procedente de Santa Colomba de Somoza, no corazón da Maragatería leonesa, asentouse fronte á histórica P

Co gallo de cumprírense  40 anos do falecemento do cabeza de familia da segunda xeración, Tomás Pérez-Carro García, a terceira xeración desta familia pon en marcha este proxecto para investigar na historia desta familia, a súa procedencia leonesa e asentamento en Lugo, e a súa especial traxectoria ao servizo do comercio lucense, representada na actualidade polo histórico establecemento que rexe na rúa san Pedro, María del Carmen Pérez-Carro García, a máis nova dos membros da terceira xeración dos maragatos da porta de san Pedro.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com