A neve e as xeadas dificultan a circulación nas estradas da montaña luguesa

A combinación de baixas temperaturas e neve residual provocou a formación de placas de xeo que dificultan a circulación en numerosos treitos, especialmente na montaña luguesa e nas zonas de maior altitude.

Segundo informan os técnicos despregados no territorio, a intensidade das xeadas superou o efecto da sal aplicada a última hora de onte, o que obrigou a reforzar o operativo provincial para garantir a seguridade viaria. A Deputación intensificou as labores e permanece en alerta continua ante calquera incidencia con maquinaria quitanieves, vehículos de apoio, todoterreos e persoal especializado.

En tramos como o Cinto Comarcal á altura de Castroverde, onde a a altitude media rolda os 600 metros sobre o nivel do mar, as condicións da estrada resultan practicamente intransitables pola presenza de xeo e placas moi compactas, obrigando a extremar a precaución ou a evitar o paso de vehículos alí onde non é absolutamente necesario.

Durante a noite rexistráronse decenas de incidencias, principalmente relacionadas con vehículos atascados, placas de xeo e dificultades de circulación, pero ningunha delas tivo carácter grave nin consecuencias humanas relevantes. Os equipos provinciais seguiron actuando sen descanso para manter abertas as vías e prestar apoio aos servizos esenciais.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com