O Concello de Lugo anunciou a reapertura da Oficina Municipal de Turismo situada na Praza do Campo, que volverá ofrecer atención ao público coincidindo co inicio das celebracións de Entroido, un dos períodos de maior afluencia de visitantes á cidade de Lugo.
Segundo informou a administración local, a posta en funcionamento do servizo prodúcese unha vez resoltas as incidencias detectadas nas instalacións, relacionadas coa entrada de ratos. Para solucionar o problema dos ratos, executáronse actuacións técnicas específicas que incluíron tarefas de desratización no interior e a oficina, o reforzo do illamento físico do edificio e a revisión do predio lindeiro por parte dos servizos municipais co fin de localizar a orixe do problema.
Tras comprobar a eficacia destas intervencións, o espazo reabre —segundo fontes municipais— en condicións óptimas de seguridade e salubridade, preparado para prestar o servizo con total normalidade.
.





