A película do director de Navia de Suarna, Oliver Laxe, “Sirat” acaba de ser elixida pola Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas para representar a España nos Oscar da Academia de Hollywood.
Sirat que competía cos filmes “Sorda” de Eva Libertad e “Romería” de Carla Simón, comeza o longo camiño para os Oscar. Primeiro ten que pasar un primeiro corte onde se seleccionan dez títulos e logo outro que seleccionan cinco títulos.
Sirat conta a historia dun home e o seu fillo que chegan a unha rave perdida no medio das montañas do sur de Marrocos. Buscan a Mar, a súa filla e irmá, desaparecida hai meses nunha desas festas sen amencer. Comparten a súa foto unha vez tras outra rodeados de música electrónica e un tipo de liberdade nova para eles. Alí deciden seguir a un grupo de raveros en busca dunha última festa que se celebrará no deserto, onde agardan atopar á moza desaparecida.