A Policía Local desminte que o seu soldo dependa das sancións impostas

A Policía Local de Lugo desmentiu que as súas retribucións estean vinculadas ao número de sancións impostas, tal e como se afirmou recentemente nun medio de comunicación. Segundo indicou o Goberno local, non existe ningún comunicado oficial do corpo policial no que se faga tal afirmación.

Desde o Concello aclárase que a información publicada ofrece unha interpretación incorrecta do sistema de produtividade aprobado en 2024, ao asociar de forma errónea o salario dos axentes co volume de multas. O Executivo municipal subliña que “este modelo non busca incrementar as sancións, senón mellorar o servizo prestado á cidadanía”.

O sistema establece que a produtividade se reparte nun 50 % en función da asistencia ao traballo e nun 50 % segundo o cumprimento de oito obxectivos estratéxicos relacionados coa seguridade viaria, a mobilidade, a convivencia cidadá e o control de actividades ilegais. Entre eles figuran a protección de zonas peonís, o control do transporte público ou a loita contra delitos contra a seguridade viaria.

O Concello lembra que esta proposta partiu da propia Xefatura da Policía Local e foi trasladada aos sindicatos, aos axentes e ao Goberno local a través das canles internas correspondentes.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com