A Xunta de Galicia tramitará pola vía de urxencia o cambio de cuberta do CEIP As Mercedes de Lugo, coa intención de executar as obras durante o verán de forma que poidan estar rematadas ao inicio do curso, interferindo o menos posible na actividade lectiva.
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou hoxe durante unha visita ao colexio que se renovará o teito en tres volumes das instalacións, exceptuando só a edificación ampliada no ano 2017. Estase pechando o proxecto e o investimento, pero estímase que será necesario substituír en total arredor de 700 metros cadrados de cuberta.
Arias destacou a “resposta inmediata” da Xunta “ante un problema xerado pola absoluta falta de mantemento ordinario dos centros educativos por parte do Concello e que, no caso do CEIP AS Mercedes, derivou nun evidente deterioro da cuberta”.