A Xunta activa o protocolo de protección 2 en núcleos de poboación de Quiroga e A Pobra do Brollón

Trátase de Golmar, situado na parroquia de Abrence (A Pobra do Brollón), e de Conceado e San Pedro, pertencentes a Quintá de Lor (Quiroga), nos que a proximidade dun incendio forestal levou á activación dos protocolos de protección da cidadanía (Situación 2).

Os veciños saíron das súas vivendas de xeito preventivo polos seus propios medios durante as tarefas de extinción, mais polo de agora non se rexistraron confinamentos ou evacuacións relacionados con este lume. As forzas da orde e os servizos de emerxencias monitorizan a situación en todo momento.

Ademais, permanece interrompida a circulación ferroviaria entre a estación de San Clodio-Quiroga e A Pobra do Brollón, pertencente á liña Monforte de Lemos-Ponferrada.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com