A Xunta celebra o Día das bibliotecas con actividades en cada unha das que xestiona

A Xunta de Galicia celebra este venres, día 24 de outubro, o Día das Bibliotecas cunha ampla programación nos sete equipamentos públicos que xestiona directamente e que se localizan na cidade da Coruña, en Santiago de Compostela, en Pontevedra, en Vigo, en Ourense e en Lugo, así como nas rutas de A Furgoteca.

Así, co gallo desta efeméride, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude pon en valor o papel destes equipamentos no fomento dos hábitos lectores da cidadanía e tamén como puntos de encontro esenciais para a dinamización cultural. Neste senso, todas as bibliotecas manteñen durante o ano un programa estable con propostas destinadas tanto a público adulto como infantil e cunha aposta pola diversidade de actividades para todos os intereses na liña da Lei inclusiva e accesible de Galicia, que ten como obxectivo eliminar todo tipo de barreiras e achegar a acción cultural a toda a sociedade.

De feito, cómpre lembrar, que durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro, os centros da Rede de Bibliotecas Públicas que coordina a Xunta foron un dos focos nos que se desenvolveron numerosas propostas da campaña estival Para gustos, cultura, ofrecendo obradoiros, distintos espectáculos, exposicións, campamentos e accións de animación á lectura, entre as que destaca o programa Ler conta moito.

Actividades en Lugo

A veciñanza de Lugo poderá participar durante a xornada do venres de visitas guiadas, ás 12,00 e ás 18,00 horas, con especial atención á colección histórica e á plataforma de préstamo dixital GaliciaLe.

Por outro lado, Caramuxo Teatro ofrece o espectáculo Feo, inspirado na obra El Patito Feo, en pequeno formato para rapazada a partir de tres anos e con entrada libre ata completar capacidade. Ademais, ás 20,00 horas o coro seglar de canto gregoriano Schola Gregoriana Lucensis ofrecerá un concerto cun repertorio de pezas antigas para público xera le con acceso libre.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com