A Xunta da luz verde a primeira Cátedra de Xestión Cultural de Patrimonio no Campus de Lugo

O Consello da Xunta aprobou o convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Universidade de Santiago de Compostela para crear a primeira cátedra institucional de xestión cultural especializada en patrimonio, que se impartirá na Facultade de Humanidades do Campus de Lugo. O Goberno galego achegará 50.000 euros, repartidos en dúas anualidades entre 2026 e 2027, para impulsar este proxecto académico centrado na investigación, innovación e difusión do patrimonio cultural.

A nova cátedra, que comezará no curso 2026/27, terá como obxectivo fortalecer o sector cultural en Lugo e en Galicia, analizar a situación das industrias culturais e promover políticas de protección e xestión do patrimonio. Ademais, fomentará a colaboración con expertos internacionais e impulsará estudos culturais en diferentes ámbitos territoriais.

Entre as primeiras iniciativas destaca a convocatoria do I Premio de Investigación en Xestión Cultural Ana Goy Diz, destinado a promover a investigación e a innovación no ámbito cultural e patrimonial. O proxecto enmárcase no Plan estratéxico para a protección e conservación do patrimonio cultural de Galicia e contará co apoio material e organizativo da Universidade de Santiago de Compostela.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com