Abre ao público tras concluír a súa renovación museográfica, a primeira fase de renovación museográfica do claustro do Museo Provincial de Lugo. A intervención, que se centrou na panda oeste, incluiu o acondicionamento das paredes e a renovación das peanas e expositores. Realizouse tamén unha escolma das pezas amosadas para ofrecer unha visita mellorada e actualizada, permanecendo en exposición máis de medio cento de elementos arquitectónicos e pezas escultóricas do século IV ao XVIII.
A remodelación museográfica, que continuará o vindeiro ano con novas actuacións, estivo a cargo do departamento de Arqueoloxía e da
Dirección do Museo Provincial de Lugo. Súmase a outras intervencions realizadas este ano para revalorizar as coleccións provinciais como a
renovación da Sección de Numismática e Medallística, inaugurada a finais de novembro.



