Abre ao público as prazas de aparcamento do instituto Nosa Señora dos Ollos Grandes

A Xunta de Galicia abre ao público desde hoxe o aparcamento do instituto Nosa Señora dos Ollos Grandes, en Lugo, poñendo a disposición da cidadanía unha trintena de prazas no centro da cidade.

Durante o mes de agosto estará aberto as 24 horas, ao igual que durante as fins de semana e festivos de todo o ano. Nos días laborables a apertura comprenderá desde as 15,30 ás 23,30 horas excepto os mércores, cando se atrasa ata as 18,30 porque hai actividade lectiva.

Durante a visita ao recinto, o Delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, estivo acompañado por representantes da asociación de veciños de Recatelo, que agradeceron o esforzo da Xunta para facilitar o aparcamento na zona.

O delegado destacou a amplitude do horario, “que permite estacionar durante toda a fin de semana e os días de festa, e a diario prolóngase case ata medianoite, co fin de dar as maiores facilidades aos usuarios”.

Neste sentido, apelou á necesidade de respectar o normal desenvolvemento do traballo no centro, que obriga a establecer límites horarios e a reservar sete das 34 prazas existentes para o persoal e para os membros da comunidade educativa en xeral que acoden polas tardes, para labores de limpeza, xestión, reunións de claustro, consello escolar ou actividades complementarias.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com