Esta tarde tivo lugar o acendido do alumeado ornamental da cidade de cara a esta ponte de decembro.
Dende a praza Maior de Lugo e nas inmediacións da árbore de nadal situada diante do Concello acendéronse as luces con un total de 1.021.761 LEDs na cidade con máis de 200 arcos luminosos e un total de 1.014 elementos ornamentais. Estrelas, animais, árbores, mensaxes e agasallos iluminarán as rúas e prazas da cidade. Ademais das rúas principais iluminouse especialmente o recinto histórico, as prazas do centro, as entradas da cidade e o percorrido do Camiño de Santiago.
Asemade tamén se abriu o Mercado de Nadal “Nadalmente Lucense” que empezou a e funcionará en horario de mañá e tarde -agás os días 24 e 31, cando abrirá só pola mañá, e os días 25 e 1, que permanecerá pechado- contará cunha ampla programación de actividades pensadas para acompañar a actividade comercial e reforzar a presenza de público durante todo o período de Nadal.
O calendario inclúe actuacións, obradoiros creativos, xogos tradicionais, contacontos, degustacións de chocolate e viño quente, e a presenza de personaxes moi queridos polo público infantil, como o Señor e a Señora Claus, o Emisario Real Ben-Alí, os seus elfos e paxes. Estes espazos, como o Fogar do Santa, O Oasis de Ben-Alí, A Pequena Fábrica ou o poboado miúdo, permitirán ás familias mergullarse na tradición destas datas, creando un ambiente cálido e participativo no corazón da cidade. Ademais, o mercado incorporará cabanas especialmente habilitadas para espectáculos, actividades de creación e intervencións de escolas e entidades culturais, reforzando o talento local e o espírito comunitario do Nadal lucense.




