Abre o prazo para solicitar un posto no Artesanfroilán e no Mercado de Nadal

Este martes, 3 de xuño, abre o prazo para solicitar a instalación de postos no Artesanfroilán e no Mercado de Nadal.

As convocatorias, cuxas bases se publicaron hoxe no Boletín Oficial da Provincia,  están abertas a artesás e artesáns da provincia  cuxa produción sexa exclusivamente de creación e produción propia, e cuxo material responda ao proceso de transformación e elaboración dunha
determinada materia prima. Así mesmo deben ter o obradoiro inscrito no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia e cuxos produtos sexan
exclusivamente de creación e produción propia.

No Artesanfroilán, que se celebrará do 3 ao 12 de outubro na Praza Anxo Fernández Gómez, ofrécense 24 postos. No Mercado de Nadal, previsto do 19 de decembro ao 5 de xaneiro na Praza de San Marcos contará con 14 casetas. O horario de apertura dos posos será, nos dous casos de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 horas.

O prazo de presentación de solicitudes está aberto dende mañá, martes 3 de xuño, ata o 16 de xuño, incluídos.

Imaxe: Foto de arquivo Artesanfroilán.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com