Abre o último tramo da Avenida Infanta Elena

Remataron as obras no último tramo da Avenida Infanta Elena, desde a Glorieta de Garaballa á de Benigno Rivera. Estes traballos, que afectaron aos últimos 456 metros da avenida, completan a rehabilitación integral dos 2,7 quilómetros que mide esta vía, a principal entrada e saída da cidade de Lugo pola súa zona norte.

O tramo que abriu este venres conta agora con dúas marxes de calzada dun ancho de 10,25 metros cada unha, distribuídas en tres carrís de circulación por sentido. A marxe dereita dotouse dun carril bici cun ancho de 3 metros, e no caso das beirarrúas teñen 4,05 metros de ancho a ambos lados, con árbores, iluminación, bancos e papeleiras. Tamén se realizou a renovación e a dotación dos servizos de abastecemento, saneamento e alumeado público, co fin de dotar de servizos a un futuro crecemento da cidade.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com