O primeiro aviso por mor deste suceso chegou uns minutos despois das 17:00 horas. Segundo indicou o alertador ao 112 Galicia, divisara o corpo dun home flotando boca abaixo no río, nunha zona sen profundidade, o cal foi quen de sacalo da auga
Decontado, os xestores do 112 Galicia compartiron a información co Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, cos Bombeiros de Monforte de Lemos e coa Policía Nacional e a Local.
Logo de que os servizos de emerxencias se desprazasen ata o punto, á altura da rúa de Tomás Vázquez, só puideron confirmar que a persoa estaba falecida, logo de que o corpo xa fose rescatado por un particular.