ADEGA apoia o mantemento da suspensión cautelar da caza do lobo 

ADEGA manifestou o seu apoio ao mantemento da suspensión cautelar da caza do lobo ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) e mostrou o seu rexeitamento á solicitude presentada pola Consellaría de Medio Ambiente o pasado 26 de xaneiro para levantar esta medida.

A organización lembra que a suspensión foi adoptada mentres o Tribunal Constitucional resolve o recurso do Defensor del Pueblo contra a retirada do lobo da Listaxe de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial (LESRPE), unha decisión aprobada no Congreso mediante emendas lexislativas que, segundo ADEGA, non seguiron o procedemento establecido nin criterios científicos.

En relación cos danos atribuídos ao lobo, ADEGA cuestiona os datos achegados pola Xunta e sinala a ausencia de informes técnicos que expliquen o seu incremento ou avalíen a eficacia das medidas preventivas aplicadas nas zonas máis afectadas.

Por outra banda, a organización interpreta que o recente énfase da Xunta no problema do lobo responde a unha estratexia comunicativa para desviar a atención doutras cuestións que afectan ao sector gandeiro. Entre elas, menciona o apoio do Goberno galego ao acordo comercial entre a Unión Europea e o MERCOSUR, que, segundo ADEGA, podería ter un impacto negativo sobre a gandería extensiva galega.

Finalmente, a entidade considera necesaria a continuidade da suspensión cautelar ata que exista unha resolución xudicial definitiva e defende a aplicación de políticas

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com