A asociación ecoloxista ADEGA lanza unha nova campaña de recadación solidaria #TiPodesParalos para recorrer no Tribunal Superior de Xustiza de Galiza o polígono eólico Pena do Pico, proxectado nos concellos de Baralla e Becerreá. A organización precisa reunir un total de 8.100 fondos solidarios para cubrir os custos derivados da presentación do recurso de alzada no organismo correspondente e do recurso contencioso-administrativo no
O polígono eólico Pena do Pico está promovido por Greenalia e contempla a instalación de 2 aeroxeradores de 180 metros de altura nunha zona catalogada como de “máxima sensibilidade” segundo a zonificación ambiental para enerxías renovables definida polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, con importantes prexuízos sobre hábitats e especies protexidas e sobre o patrimonio cultural e paisaxístico dos Ancares. Ao igual que nas meirandes autorizacións da Xunta, é obxecto de fragmentación artificial, neste caso, entre o propio proxecto e a súa liña de evacuación, artellada coa finalidade de minimizar os impactos en conxunto no procedemento de avaliación ambiental, o que podería tratarse dunha fraude de lei. Ademais, comparte infraestruturas con outros tres proxectos eólicos promovidos pola mesma promotora: Levante, Restelo e Monteiro.
Para poder contribuír a este novo desafío #TPP, ADEGA acaba de facer pública a seguinte plataforma online de crowdfunding: https://