ADEGA organiza este venres un obradoiro de cociñas solares

A delegación de Lugo de ADEGA organiza un obradoiro de cociñas solares, que impartirá Juan Bello, profesor retirado de FP, que  dará as pautas para fabricar unha cociña solar, ademais de compartir a súa grande experiencia cociñando “con enerxía ilimitada do sol e sen necesidade de gastar combustíbeis fósiles ou enerxía eléctrica”. As cociñas  realizaranse con materiais fáciles de conseguir, e cada participante fabricará a súa propia cociña. Unha vez feita a inscrición, “ADEGA enviará por correo os materiais que cada quen ten que aportar”. O obra doiro terá lugar o vindeiro venres 30 de maio de 16 a 20h no local de ADEGA, en Ronda das Fontiñas 180 ent. B, Lugo.

Por outra banda a asociación invita tamén a quen queira asistir, ao encontro solar que se celebrará o vindeiro 7 de xuño no Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo. Os participantes poderán acudir ao acto, coas súas cociñas e fornos. Este actividade enmarcase dentro do festival ADEGA, 50 anos coidando a terra. Neste encontro poderase compartir experiencias, receitas, cociñar e por último xantar.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com