Meteogalicia activou a alerta amarela para mañá martes por acumulacións de chuvia e fortes ventos na Mariña e na montaña de Lugo. Asemade tamén entrará aire frío o que fará que descendan bruscamente as temperaturas e baixe a cota de neve. Xa pola tarde abriranse claros.
Segundo os datos facilitados prevese acumulacións de ata 40 litros en 12 horas acompañadas de ventos con refachos de forza 7 na costa.
As temperaturas na capital oscilarán entre os 9 grados de máxima e os 4 de mínima.






