A Axencia Estatal de Meteoroloxía avisa dun novo episodio adverso de nivel laranxa, que afectará á franxa costeira das provincias de Lugo e A Coruña.
Esta situación comezará a notarse a partir do mediodía de hoxe luns, 16 de marzo de 2026, cando as ondas poderán alcanzar os seis metros de altura na Mariña de Lugo.






