Asinado o convenio para abrir os aparcadoiros dos institutos da avda. Ramón Ferreiro fóra do horario lectivo

Esta mañá celebrouse no salón de actos do Concello de Lugo unha nova sesión da Xunta Local de Seguridade, presidida polo alcalde, Miguel Fernández, e a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez. na que se formalizou o convenio de colaboración entre as Administracións autonómica e local que permitirá a apertura, fóra do horario lectivo, dos aparcadoiros do IES Ollos Grandes e do IES Lucus Augusti -neste caso, unha vez rematen as obras de rehabilitación integral que o Goberno galego está a executar no centro.

Javier Arias explicou que o Goberno galego prevé rematar “nos vindeiros días” os traballos que está realizando para acondicionar os aparcamentos, coa sinalización das prazas, a colocación de carteleira e a instalación de barreiras nos accesos, “co fin de dotar de maior comodidade aos usuarios, habilitando a entrada e a saída ao aparcadoiro por lugares diferentes”.

Pola súa banda o alcalde de Lugo cualificou o acordo como “un paso adiante necesario, pero que chega con moito atraso por parte da Xunta de Galicia”.

Fernández agradeceu o compromiso da Subdelegación do Goberno e das forzas de seguridade na resolución deste asunto, e advertiu que o Goberno local seguirá “vixiante” para garantir que o acordo aprobado hoxe se cumpra “sen máis demoras nin escusas”.

É necesario lembrar que o acordo foi posible grazas a unha reunión de traballo interadministrativa celebrada o pasado mes de abril entre o Concello de Lugo, a Xunta de Galicia, a Deputación Provincial e a Administración Xeral do Estado, na que se pecharon os termos que permitirán á Policía Local intervir nos aparcadoiros de titularidade autonómica e provincial.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com