“Canda Elena”, o novo espazo audiovisual de Elena Candia para visibilizar o talento lucense

A voceira municipal do PP en Lugo, Elena Candia, vén de lanzar “Canda Elena”, un novo formato audiovisual de entrevistas biográficas cunha periodicidade quincenal. O programa pretende achegar ao público o lado máis persoal de diferentes protagonistas da vida social, cultural, deportiva e empresarial da cidade, poñendo en valor o talento e as historias que constrúen o tecido lucense.

Neste espazo, Candia actúa como anfitrioa nun ambiente próximo que facilita conversas distendidas sobre traxectorias profesionais e experiencias vitais. O primeiro episodio, xa dispoñible, conta coa participación de Paco e Héctor, do Restaurante España, e pon o foco na tradición familiar, o produto local e o compromiso coa identidade gastronómica de Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com