A Delegación da Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) de Lugo e a Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organizan en Lugo unha sesión divulgativa sobre as novidades normativas en materia de Sistemas Informáticos de Facturación e o sistema VERI*FACTU, así como as novas posibilidades de subministro de información transaccional para PEMES e autónomos.
A sesión, que será aberta pola subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López e polo secretario xeral da CEL, Jaime López, e contará coas aportacións de María Elena Rosendo Vázquez, delegada da AEAT en Lugo e Iván Gil Vázquez, técnico de Facenda na delegación da AEAT en Lugo. A sesión pecharase cun turno para preguntas e resolución de dúbidas.
A xornada terá lugar nas instalacións da sede central da CEL (Pza. de Santo Domingo, 6-8, 2ª Planta) a partir das 12:30 horas, cunha duración aproximada de hora e media.
Info e inscripcións
O acceso será libre e de balde previa reserva de praza na páxina web da CEL, www.cel.es, ou chamando ao 982 23 11 50.




