Codex Cinema estrea esta tarde o filme galego “Decorado”

Esta tarde os cines Codex estrean o filme do director galego  Alberto Vázquez “Decorado”.  Esta longametraxe está baseado na aclamada curta de 2016 do propio Alberto Vázquez.

A productora Uniko revelou que o filme de animación “Decorado”  reflexa a loita dunha parella de ratóns atrapados na mediocridade dun munco superficial controlado por unha megacorporación, ALMA, que fabrica e comina absolutamente todo.

Sinopse: Arnold é un rato de mediana idade atrapado nunha crise existencial. O seu matrimonio desmorónase, a súa vida resúltalle absurda e comeza a sospeitar que todo o que o rodea é unha gran farsa. Cando o seu mellor amigo morre en circunstancias sospeitosas, Arnold pensa que algo vai mal. O que comeza como unha paranoia cotiá convértese nunha fuxida cara algo minimamente parecido á liberdade.

A outra estrea desta semana nos Codex Cinema é “Siempre es invierno” , a nova película de David Trueba.

“Siempre es invierno” e unha adaptación da novela “Blitz” do propio David Trueba que narra a viaxe de Miguel, arquitecto paisaxist, coa súa noiva para asistir a un congreso. Alí  a relación cesa abruptamente. Ferido e  desorientado decide quedar uns días máis para asimilar a ruptura. Neste proceso coñece a unha persoa con quen comparte momentos e conversas que lle axudan a reencontrarse consigo mesmo; pouco a pouco comprende que o seu proxecto máis importante non é o arquitectónico, senón o deseño dunha nova vida.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com