Codex Cinema estrea este venres os filmes “3km á fin do mundo” e ” A receita perfecta”

Esta semana os Codex Cinema estrean os filmes “A RECEITA PERFECTA” e  “3 QUILÓMETROS Á FIN DO MUNDO”.

“A RECEITA PERFECTA”,  un filme que seduce pola súa frescura, que afonda en asuntos complexos, e que fai un repaso magnífico do lugar e os lugareños.

Sinopse:  Totone, de dezaoito anos, pasa a maior parte do tempo de festa e bebendo cervexas na rexión do Xura co seu grupo de amigos. Pero a realidade alcánzao e ten que coidar da súa irmá de sete anos e gañarse a vida. Entón proponse elaborar o mellor queixo Comté da rexión para gañar a medalla de ouro no concurso agrícola e trinta mil euros.

A outra estrea da semana é  “3 QUILÓMETROS Á FIN DO MUNDO”, nominada á Palma de Ouro no pasado Festival de Cannes, é un retrato estremecedor dunha Rumanía homófoba e onde o seu director, Emanuel Pârvu transmite a angustia do seu protagonista dunha forma moi particular.

Sinopse: nunha comunidade conservadora do Delta do Danubio, un adolescente gay emprende unha viaxe de auto descubrimento que entra en conflito cos ríxidos valores tradicionais dos seus pais e veciños; mentres afronta as súas loitas internas e o doloroso proceso de aceptación, o mozo terá que asumir a difícil decisión entre ser fiel a si mesmo ou seguir as normas da comunidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com