Codex Cinema estrea este venres “Unha filla en Tokio” e “Elixir a miña vida”

Os Codex Cinema estrean este venres, os filmes “UNHA FILLA EN TOKIO” e  “ELIXIR A MIÑA VIDA”.

“UNHA FILLA EN TOKIO”,  dirixida por Guillaume Senes, é un drama sobre a inmigración, que nos conta a historia dun pai na busca da súa filla.

Sinopse: todos os días Jérôme conduce o seu taxi por Tokio mentres intenta encontrar á súa filla, Lily. Separado dela durante nove anos, nunca puido conseguir a súa custodia. Xusto cando perde a esperanza de vela e está a piques de regresar a Francia, Lily sobe ao seu taxi…

A outra estrea da semana é “ELIXIR A MIÑA VIDA”, un filme tenro, divertido e cunha mirada de clase e de xénero, dirixida por Amélie Bonnin.

Sinopse: unha chef en auxe, a piques de abrir o seu propio restaurante en París, debe regresar ao seu pobo natal por unha emerxencia familiar. Lonxe da vida urbana, rexorden as lembranzas e as súas certezas comezan a vacilar e a debilitarse.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com