Codex Cinema estrea este xoves o filme “A miña querida ladroa”

Esta semana as estreas adiántanse ao xoves 24 de xullo e os Codex Cinema estrearán a película “A MIÑA QUERIDA LADROA”, filme francés dirixido por Robert Guédiguian,  coñecido por facer un cine de forte contido social. No filme explora os dilemas morais dunha muller que cruza a delgada liña entre as necesidade e o delito para axudar a súa familia

Sinopse:  María traballa como auxiliar de coidados a domicilio para persoas maiores; faino con dedicación e devoción, conformando vínculos afectivos coas persoas para quen traballa. Pero ten unha situación económica precaria, aínda que non lle guste recoñecelo, e un soño: ver o seu neto converterse nun gran pianista.

 

Como todos os veráns, os Codex Cinema pechan as súas portas durante o mes de agosto.

Volveran o venres 29 de agosto de 2025 con novas estreas.  

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com