Codex Cinema estrean esta semana os filmes “Valor Sentimental” e “Golpes”

Os cines Codex estrean este venres os filmes “Valor Sentimental”  e “Golpes”

“Valor sentimental”, dirixida por Joachim Trier acadou o “Gran Premio del Jurado” no Festival de Cannes 2025.

Sinopse: cando as irmás Nora e Agnes afrontan o dó pola perda da  nai, o seu pai, un cineasta recoñecido no ámbito profesional pero ausente na familia, regresa inesperadamente  ás súas vidas para ofrecerlle a Nora un papel protagonista na súa próxima película. Aínda que ela rexéitao con rotundidade, Gustav decide seguir adiante e utilizar a casa familiar como escenario  para a rodaxe. Isto reaviva as tensións entre eles, especialmente a partir da chegada dunha actriz de Hollywood que asume o papel rexeitado. O vínculo entre as irmás convértese no maior refuxio fronte as feridas do pasado.

A outra estrea da semana é o novo filme de Rafael Cobos, interpretado por Luís Tosar “Golpes”

Sinopse: Migueli é un delincuente que sae da prisión na España de principios dos anos oitenta. Quere mirar cara o futuro pero primeiro terá que curar feridas do pasado, para o cal precisa cartos, así que decide reunir á súa antiga banda e obtelos cometendo varios roubos. Non o terá fácil pois o seu irmán, Sabino, é policía, coñéceo ben a el e os seus métodos.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com