Os Codex Cinema estrean o documental “A FOREIGN SONG” que terá un pase único o venres 9 de maio ás 20:30h coa presencia do director, César Souto e os filmes “UNHA QUINTA PORTUGUESA” e “TAMÉN ISTO PASARÁ”. Ao remate da proxección haberá un breve coloquio.
“A FOREIGN SONG”, é o retrato imposible dun poeta que detestaba os retratos, as biografías, o xornalismo cultural. Non concedía entrevistas. E só publicou o seu primeiro libro, “Harmonium”, aos 44 anos. O filme encarna esa contradición, a que contén unha escritura insondable facturada na paz social da urbanización.
Sinopse: Cheiras algo? a cámara adentrase nos montes galego-portugueses rastrexando imaxes e ausencias do lobo ibérico. Este ensaio fílmico atravesa unha historia relacional cargada de sometemento e exterminio e enfróntase a unha historia audiovisual feita de imaxes simulacro do natural salvaxe. Xorde un antidocumental de natureza: lobos que miran a cámara aterrorizados e humanos que ouvean. Todas as criaturas deixamos rastros neste baile coidadoso de rastrexadores rastrexados.
Ao remate da proxección haberá un breve coloquio.
“UNHA QUINTA PORTUGUESA”, un drama psicolóxico no que a súa directora Avelina Prat consegue contar unha emotiva historia sobre a bondade e a identidade coa fantástica interpretación de María Medeiros.
Sinopse: a desaparición da súa parella deixa a Fernando, un tranquilo profesor de xeografía, completamente devastado. Sen rumbo, suplanta a identidade doutro home como xardineiro dunha quinta portuguesa, onde establece unha inesperada amizade coa propietaria, somerxéndose nunha vida nova que non lle pertence.
A outra estrea da semana é “TAMÉN ISTO PASARÁ”, adaptación da novela do mesmo nome, onde a súa autora Milena Busquets, narra a dor pola perda da súa nai nunha historia de dó particular
Sinopse: cando a súa nai falece, Blanca acaba de cumprir corenta anos. Para escapar da súa dor, busca refuxio na casa familiar de Cadaqués, rodeada de amigos, o seu exmarido e amantes de xuventude. Entre risas, copas e paseos en barco afronta a perda cunha mestura de nostalxia e necesidade de seguir adiante.