Comeza a XLVII Semana de Cine de Lugo

Hoxe luns, comeza a XLVII Semana de Cine de Lugo. Ademais da programación cinematográfica, están previstas as seguintes accións especiais:

20:00h. Deputación Provincial. Entrada libre. Presentación do libro María Vázquez; DE MARÍA A MATRIA, de Manuel Curiel. Os asistentes recibirán cadanseu exemplar do libro.

De seguido, Marcos Varela, director de A Sombra do Castiñeiro, presentará a súa ópera prima, protagonizada por María Vázquez. Nado en Madrid o 2001, Graduado en Cinematografía e Artes Audiovisuais na Escola TAI de Madrid, Marcos Varela elixiu para o seu traballo de Fin de Grado afondar nas raíces do seu avó na Ulloa lucense, que a Semana de Cine estrea dentro da homenaxe a María Vázquez.

22:00h. Auditorio Gustavo Freire. Inauguración oficial da Semana de Cine, coa actuacion da Banda Sons e Soños, Banda oficial da Semana, dirixida por Armando Morales. Interpretará anacos de Bandas sonoras de grandes películas.

Na presentación da Semana intervirá a regueifeira Lupe Blanco (Coristanco, 1980). Pandereteira desde os sete anos, entrou no mundo da ‘regueifa’ lembrando ao seu bisavó Blanco de Muiñoseco, considerado o “padriño” da ‘regueifa’ en Bergantiños.

Desde 2016 presenta unha ‘regueifa’ semanal en Radio Voz Bergantiños e publica no dominical de La Voz de Galicia, edición Carballo.

Deu diversos pregóns a xeito de regueifa, e colabora cos proxectos ‘Regueifesta’ e ‘Enreguéifate’ como formadora en talleres educativos e formou a primeira ‘Escola de regueifa’ no Concello de Carballo.

En xaneiro conseguiu por terceiro ano consecutivo o primeiro dos “Premios Galegos da Regueifa”, e está considerada a mellor regueifeira de Galicia pola conservación das tonadas características de Bergantiños.

De seguido, efectuarase a `proxección da primeira película da sección Oficial da Semana.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com