Comezan os traballos de reparación da cuberta do Pazo dos Deportes

Esta semana comezaron os traballos de reparación da cuberta do Pazo dos Deportes, unha actuación integral coa que se impermeabilizarán os 8.500 cadrados de superficie da cuberta cunha membrana de poliurea.

Este martes estanse a desenvolver as primeiras tarefas de limpeza dos paneis que conforman a envolvente e outros traballos previos á aplicación do polímero sintético.

As obras teñen un prazo de execución de catro meses e inclúen, ademais da reparación da superficie da cuberta, actuacións nos canlóns e baixantes  para mellorar a evacuación da auga da chuvia. Ademais do inicio das obras na cuberta, nestes días comezou tamén a substitución das luminarias da explanada da entrada principal do Pazo e das pistas laterais exteriores por outras de tecnoloxía LED.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com