Comunicado da Plataforma Lugo por Palestina

Dende a Plataforma Lugo por Palestina queremos condenar colectivamente a represión exercida a es noses compañeires durante o transcurso da 15º etapa da Volta ciclista o pasado domingo.
En menos dun mes cumpliranse dous anos da masacre diaria e sistemática que Israel leva exercendo sobre o pobo Palestino. Un exterminio e un xenocidio retransmitido ao mundo que non pode seguir a deixar indeferentes a os nosos gobernos.
Non pode ser que a países como Rusia se lles vete a participación en competicións deportivas, namentres que a Israel se lle permita campar as súas anchas polo mundo con total impunidade. Esta non é outra que a súa mellor estratexia de blanqueamento e lexitimación, impulsada por figuras como Sylvan Adams, billonario canadiense-israelí dono do Israel-Premier Tech e autoproclamado “embaixador de Israel”. Non podemos consentir que Israel siga a usar o deporte para blanquear o xenocidio, beneficiándose ademais por partida doble na Volta co patrocinio de Carrefour, empresa abertamente colaboradora co ente sionista.
Cando os gobernos fallan, sometidos e dobregados por espureos intereses económicos, e o sangue de nen@s, mulleres e homes civís segue a correr cada día, só cabe esperar que aflore a dignidade da xente de a pé, polo que por todas partes xurden persoas anónimas que damos un paso ao frente, manifestándonos pacificamente, armados coa bandeira do pobo que está sendo exterminado ante a pasividade do mundo.
No caso da Volta, o noso obxectivo como plataforma non era outro máis que denunciar e protestar pola participación do equipo israelí. Atopámonos con cargas policiais desproporcionadas sobre a xente que mesmo se atopaba detrás das vallas, manipulacións do relato en medios xeneralistas, (mesmo chegouse a terxiversar o video onde se vé claramente a un compañeiro que corre para ensinar unha bandeira na beira da estrada e que, ao tropezar, queda tendido na cuneta, sendo o policía o que obstaculiza o pelotón, provocando a caída dos ciclistas), e por se isto fose pouco, tivemos que sofrer as detencións de oito des noses compañeires.
As recentes pero insuficientes medidas de embargo a Israel, anunciadas polo goberno español, demostran que a presión funciona, polo que ESIXIMOS a inmediata retirada dos cargos impostos pola Garda Civil, á vez que ANIMAMOS Á CIDADANÍA a seguir protestando contra as entidades cómplices e a non ter medo.
Destacamos tamén a labor do movemento BDS, impulsado pola maior coalición da sociedade civil palestina, e a necesidade do compromiso e colaboración tanto individual coma colectiva e institucional cos seus obxectivos de boicote, sancións e desinvestimentos a Israel.
A historia xulgaranos, e todes somos responsables de elexir o lado correcto.
PLATAFORMA LUGO POR PALESTINA.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com