Concello e Confederación executarán unha nova senda no río Rato dende Paradai ata o Poligono do Ceao

O Concello de Lugo e a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil asinarán un acordo de colaboración para ampliar o paseo do río Rato ata o seu nacemento, unha actuación integrada nun proxecto de mellora da seguridade fronte ás inundacións cun investimento estimado de 2,6 millóns de euros. A intervención centrarase no tramo alto do río e buscará recuperar o espazo fluvial desde o punto de vista hidromorfolóxico e ambiental, ao tempo que habilitará mecanismos naturais para amortecer desbordamentos e reducir riscos.

O proxecto tamén permitirá detectar e resolver problemas na rede de saneamento e recuperar as marxes do río para o uso público, combinando espazos de paseo e estancia coa restauración ambiental do contorno. O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, destacou que a actuación supón “un fito histórico” que mellorará a conexión dos barrios do norte co principal corredor verde da cidade. Pola súa banda, o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, José Antonio Quiroga, subliñou o valor ambiental e preventivo da iniciativa.

O investimento total ascende a 2,6 millóns de euros, dos que a Confederación achegará o 95% (2,47 millóns) e o Concello de Lugo o 5% restante (130.000 euros).

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com