Concello e Xunta chegan a un acordo para a costrución do novo centro de saúde do Sagrado Corazón

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, mantivo esta mañá unha reunión co conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, para definir os pasos a seguir na construción do futuro centro de saúde do Sagrado Corazón, unha vez que o Concello de Lugo está en disposición de ceder os terreos ao ente autonómico tras avanzar na permuta de parcelas coa Fundación Abanca, propietaria deste terreo do antigo colexio do Sagrado Corazón, que é ademais á única parcela reservada a usos dotacionais.

Durante o encontro, Fernández recibiu a confirmación por parte do Conselleiro de Sanidade de que o Goberno autonómico asumirá a totalidade dos terreos do antiguo colexio para edificar o novo punto de atención primaria y proxectar novos equipamentos de carácter sociosanitario.

O rexedor municipal fixo fincapé na proxección deste barrio e afirmou que é necesario que as adminsitracións se adianten para planificar e permitir  un desenvolvemento óptimo dunha franxa urbana cun enorme potencial.

Fernández mostrouse satisfeito polo cambio de rumbo do Goberno Autonómico. “Nas previsións iniciais a Xunta se plantexaba actuar unicamente nos 1.500 metros cadrados para a construción do centro de saúde, e considero que gracias á presión deste Concello e da veciñanza do barrio, conseguimos ese compromiso para intervir na parcela total de 5.700 metros cadrados, e garantir ás dotacións que o barrio leva anos reclamando”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com