O lume que se iniciu onte ás 14.16 horas de onte iniciouse na parroquia de Pombeiro, no concello de Pantón, mantén activa a Situación 2 de forma preventiva pola súa proximidade do lume ao núcleo de poboación de Lornís.
Segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 150 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 8 técnicos, 29 axentes, 40 brigadas, 35 motobombas, 6 pas, 4 unidades técnicas de apoio, 10 helicópteros e 8 avións.
Nestes momentos preocupa a dirección do vento, xa que o lume podería saltar o río Cabe e chegar ao Concello de Sober.