Corte ao tráfico na estrada LU-P-1901 da Fonsagrada a Navia de Suarna

A partir do vindeiro luns 19 de xaneiro, a estrada provincial  LU-P-1901 sufrirá cortes puntuais de tráfico debido ao comezo dos traballos do aglomerado en quente na vía, que é a que une os concellos da Fonsagrada e Navia de Suarna.

Os cortes, que se efectuarán de maneira intermitente, afectarán aos treitos comprendidos entre os puntos quilométricos 4,360 e 6,430; e entre os quilómetros 22,600 e 25,315. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.

Fotografía: imaxe arquivo obras en estrada.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com