De veraneo

Levo medio século veraneando en Miño. Aínda non naceran os fillos cando comezamos a vir a esta prolongación de Lugo que resultaba ser a praia máis cercana e coa mellor estrada. Os lucenses eramos maioría absoluta, as nosas matrículas enchían os aparcamentos, e non se daba un paso sen tropezar con xentes que nos facían sentir na casa.

Alugábamos cuchitriles a precios europeos, mercamos pisos pagados con hipotecas en tempos nos que os bancos regateaban o diñeiro, e os nosos fillos aprenderon a querer unha das mellores praias do país, que os fidelizou de por vida.

Os miñenses vían o turismo lucense como un mal menor, que rompía a sacrosanta paz do lugar, pero o paso do tempo logrou unha convivencia tolerante, a que se incorporaron as novas xeneracións.

E de repente notamos que faltan lucenses. Moitos. Que están cambiando os costumes. Que o turismo de aluguer reduciuse, quizais porque hoxe chegar desde Lugo leva menos dunha hora, e os custos se reducen notablemente. Os atractivos da costa lucense quedan na actualidade moito máis preto do centro da provincia, e o veraneo no rural ten cada vez máis atractivos.

Neste medio século Miño seguíu tendo unha das mellores praias do país, melloraron os servizos, trazáronse camiños para coñecer espazos naturais e fixéronse paseos que completan unha oferta turística de primeira orde. E, sen embargo os lucenses, deixamos de ter a Miño por norte do verán. O que non puido o ambiente pouco receptivo do comezo, os custos, o tempo… pódeo o cambio de costumes, a variedade de atractivos, a fugacidade das visitas turísticas. Hai menos agobios multitudinarios. Pero perdemos ambiente lucense nun lugar que sempre foi noso.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com