Denunciados dous menores por conducir monopatíns de xeito irregular e dar positivo en alcoholemia

Efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo detectaron a condución irregular de dous Vehículos de Mobilidade Persoal e, logo de darlles o alto para a súa identificación comprobaron que eran conducidos por dous mozos menores de idade, os cales presentaban ámbolos dous, signos de ter consumido alcohol, sendo sometidos ás probas de detección alcohólica e arroxando ambos resultado positivo de 0,39 e 0,17 mg/l respectivamente.

Tal e como está lexislado na lei de Seguridade Viaria a taxa de alcohol en aire expirado para un menor de idade é de 0 mg/l, polo que os dous mozos condutores foron denunciados e serán sancionados por infracción moi grave con multa de 500 euros.A posteriori, os axentes localizaron aos pais, que se fixeron cargo dos menores e dos vehículos cos que circulaban.

No que vai de ano, a Policía Local de Lugo detectou 10 condutores de VMP circulando por vías do casco urbano con signos de embriaguez, arroxando resultado positivo nas probas de alcoholemia ás que foron sometidos, sendo sancionados todos denunciados e sancionados..

No mesmo período, detectáronse 3 condutores de VMP que circulaban presentando presenza de drogas no organismo, sendo sancionados con multa de 1.000 euros cada un deles.

Foto: Pixabay

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com