Derrúbase un tramo da Muralla Romana de Lugo tras as intensas choivas

Ao fío da media noite de onte produciuse o derrubamento dun tramo da Muralla Romana de Lugo, un dos monumentos máis emblemáticos da cidade e Patrimonio da Humanidade. O desprendemento afectou a uns seis metros da cara interna do monumento, dende o chan da rúa do Moucho ata o adarve.

O derrube tivo lugar nun punto onde a construción era menos densa, xa que, semella que este tramo reformouse no século XIX cambiando o trazado orixinal do monumento, no que se suprimiu un dos cubos da muralla. Esta modificación fixo que esta zona se volverá máis débil e as continuas choivas destes últimos días fixeron o resto.

Segundo as primeiras hipóteses, o material que se desprendeu formaría parte do recubrimento do monumento e non da estrutura romana orixinal. A acumulación de auga no terreo, que non foi incapaz de drenar tanta auga adecuadamente, acabou provocando o colapso do tramo afectado.

O desprendemento produciuse, como queda dito, na rúa do Moucho e afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais nin tampouco resultaron afectadas outras edificacións da contorna. Trátase do primeiro derrubamento dun tramo da muralla nos últimos vinte anos.

Para controlar a situación e garantir a seguridade na zona, axentes da policía municipal desplegaronse polas inmediacións. Agora só falta que os técnicos avalíen os danos e determinen as actuacións necesarias para a restauración do monumento.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com