Desvíos de tráfico no enlace entre a A-6 e a A-8 en Baamonde

O Ministerio de Transportes e Movilidad Sostible iniciará, a partir deste luns 5 de maio, os traballos de restitución de apoios sobre dúas pilas do paso superior do ramal A Coruña – Oviedo da ligazón entre as autovías A-8, no quilómetro 593, e a A-6, no km 522,9 en Baamonde, na provincia de Lugo.

Para iso, produciranse as seguintes afectacións ao tráfico:

Hoxe luns 5 de maio a partir das 08:30: Cortes de carril na calzada esquerda sentido Madrid entre os kilometros 522,6 e 522 da A-6. Os cortes faranse nun inicio no carril esquerdo e posteriormente no dereito, canalizándose en cada caso o tráfico polo carril que permaneza aberto.

A partir do martes 6 de maio ás 8:30: Corte do ramal A Coruña – Oviedo da ligazón entre a A-8 (quilómetro 593) e a A-6 (km 522,89), en Baamonde.

Todo o tráfico desviarase pola estrada N-634, á que se accederá na ligazón coa A-6 saída 522B (sentido Madrid), a 500 metros do ramal afectado. O tráfico circulará por esta mesma estrada ata a súa ligazón coa A-8, situado no km 634,78 da N-634 e no km 588 da A-8. Durante as afectacións, restituiranse os sistemas de apoio sobre as pilas 2 e 5 do paso superior.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com