Deteñen a un home en lugo por violencia de xénero

Esta  madrugada efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo mediante un aviso do 092 acude a un edificio da zona norte da cidade, xa que ao parecer nunha vivenda está a producirse unha forte discusión entre unha parella.

Unha patrulla policial desprazouse ata o predio e, dende a escaleira, escoitan berros, así como que se están a romper mobles no interior dun piso. Os axentes chaman á porta e identifícanse como axentes da autoridade, respondendo un home desde o interior que non lles vai abrir a porta, polo que é informado que se se segue negando entrarían á forza na vivenda, fronte ao perigo que puidesen estar os integrantes do piso.

Perante a situación, o home decide abrir a porta da vivenda, accedendo os axentes ao seu interior onde hai unha muller, a cal se nega a informar aos axentes do que estaba a ocorrer, observando que hai útiles e mobles rotos.

Os policías solicitaron información aos veciños, manifestando estes que escoitaran unha forte discusión, temendo pola integridade da muller, xa que o home ameazáraa de morte, indicando que as discusións e pelexas eran habituais. Por tal motivo os axentes proceden á detención do home, sendo trasladado a dependencias policiais onde se instrúen dilixencias polo xulgado correspondente.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com