Esta tarde o director Miguel Ángel Delgado presenta o filme “San Simón”

Esta tarde os Codex Cinema contan coa presencia do director do filme “San Simón” Miguel Ángel Delgado que presentará a película e ao remate da mesma haberá un coloquio.

O filme sitúa a historia en 1936. O réxime de Franco creou máis de 300 campos de concentración en espazos pechados por todo o Estado (conventos, fábricas, escolas, prazas de touros,…). A illa de San Simón destaca pola súa insularidade. O réxime converteu o antigo lazareto nun lugar de morte onde os presos soportan a represión rodeados dunha beleza sobrecolledora. Sete anos despois, Lamas lembra a historia dos homes e mulleres que, como el, sufriron a represión neste pequeno enclave da costa galega.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com